Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46161

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (245/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 245/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo Fernández García contra a empresa Mourenza Automoción, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo ditame expresa:

«Tense a Eduardo Fernández García por desistido respecto da acción de extinción da relación contractual que o vinculaba con Mourenza Automoción, S.L., iniciada ao abeiro do artigo 50 do Estatuto dos traballadores, exercida na demanda que deu orixe ao presente proceso, e decrétase respecto da dita acción o sobresemento do proceso.

Que estimando integramente a demanda interposta por Eduardo Fernández García contra Mourenza Automoción, S.L., debo condenar e condeno a Mourenza Automoción, S.L. a que lle aboe a Eduardo Fernández García a suma de 18.939,12 euros en concepto de indemnización por extinción da relación laboral, e a suma de 10.610,27 euros en concepto de salarios, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre esta última cantidade.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o que dispón o artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, o pronuncio, mando e asino.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Mourenza Automoción, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro o presente no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2013

A secretaria xudicial