Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46159

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (356/2013).

Número de autos: despedimento/cesamentos en xeral 356/2013.

Demandante: José Ángel Sánchez Ares.

Avogado: Felipe Carlos Martínez Ramonde.

Demandados: Estructuras y Obras de Galicia, S.L. (Esoga), Fondo de Garantía Salarial.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 356/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ángel Sánchez Ares contra a empresa Estructuras y Obras de Galicia, S.L. (Esoga), sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo ditame di: «que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por José Ángel Sánchez Ares contra a entidade Estructuras y Obras de Galicia, S.L. e a súa Administración concursal e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto en data do 20 de febreiro de 2013, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes desde a data da presente resolución, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Estructuras y Obras de Galicia, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 35.229,62 €.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación á empresa Estructuras y Obras de Galicia, S.L. (Esoga), en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 8 de novembro de 2013

A secretaria xudicial