Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46149

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 18 de novembro de 2013 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 21 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 123, do 1 de xullo).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante unha Orde do 21 de xuño de 2013 (DOG número 123, do 1 de xullo), e de conformidade co establecido na base sexta da citada convocatoria, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo denominado Xefatura do Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, código ED.601.00.005.15770.004, nivel 28, dependente da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá formularse un recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2013

P.D. (Orde do 25.1.2012)
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos