Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46150

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 14 de novembro de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería do Medio Rural e do Mar, mediante a Orde do 23 de setembro de 2013 (DOG nº 190, do 4 de outubro), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, aos funcionarios que se expresan no anexo desta orde, seleccionados conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Orde desta consellería do 23 de setembro de 2013.

Segundo. O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, que se contarán a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que deben cesar no seu destino, os funcionarios están gozando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión das prazas adxudicadas deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade en que actualmente prestan os seus servizos os funcionarios, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro. Os xefes dos centros en que causen baixa os funcionarios, así como os daqueles en que obteñan destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido la Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO I

Apelidos e nome: Mejuto Martí, Nicasio Daniel.

NRP: 3263324735 A2063.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros agrónomos.

Denominación do posto: subdirector/a xeral Apoio ás Explotacións Agrarias.

Código: MR.303.00.002.15770.001.

Nivel: 30.

Dependencia: Dirección Xeral de Produción Agropecuaria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Muñoz Barbero, Antonio.

NRP: 3263483046 A2067.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios.

Denominación do posto: Xefatura Servizo Auditoría Interna na Cadea Alimentaria.

Código: MR.303.00.003.15770.025.

Nivel: 28.

Dependencia: Dirección Xeral de Produción Agropecuaria.

Localidade: Santiago de Compostela.