Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46207

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de novembro de 2013 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 189/2013, no expediente de reposición da legalidade IU1/44/2010 e acumulados, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña, en relación co procedemento ordinario núm. 189/2013, interposto por Albito Diéguez Patao e Elisa Pensado Lema, contra a resolución desestimatoria do recurso potestativo de reposición, ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade núm. IU1/44/2010 e acumulados, pola que se declaran ilegalizables as obras consistentes na construción de seis vivendas unifamiliares e construcións anexas, a apertura dunha nova vía e a ampliación da vía existente no lugar de Reira, concello de Camariñas; esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña.

Polo exposto, mediante esta resolución emprázase a Eva Rey Álvarez para que poida comparecer como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 de la Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística