Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de novembro de 2013, do Consello Executivo, pola que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador 107C 2012/24-0, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

O Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 23 de outubro de 2013, resolución no expediente sancionador 107C 2012/24-0 pola que se impón, a José Manuel González Balsa, como promotor das obras, e a Enma Balsa Prieto, como propietaria dos terreos, unha sanción consistente en multa como responsables dunha infracción urbanística moi grave, pola realización de obras de construción dunha vivenda unifamiliar e dúas edificacións auxiliares no lugar de Caldeliñas, no camiño Veiga do Pobo, no termo municipal de Verín.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula, ante o Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben se non exercitan o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela ou ante o da circunscrición onde estea situado o inmoble afectado, conforme ao disposto no artigo 14.1, regra segunda da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística