Con data do 29 de outubro de 2013 subscribiuse convenio urbanístico entre o alcalde do Concello do Porriño, Manuel Carrera Lorenzo, Marcelina Lago Werham e Digna Lago Werham para a regularización de cuarteirón entre as rúas Peña e Estación, e cesión de local de 148,26 m2 ao Concello do Porriño.
De conformidade co disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística de Galicia, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte (20) días mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, taboleiro de edictos do concello e nun dos xornais de maior difusión da provincia.
O que se fai público para os efectos do sometemento do expediente a información pública por un prazo de 20 días hábiles.
O Porriño, 29 de outubro de 2013
José Nelson Santos Argibay
Alcalde