Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46234

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a realización das obras de reparación na rede de subministración de enerxía eléctrica do SUR-PPI-2, sector 2, no concello do Porriño.

Por Decreto de Alcaldía do 18 de novembro de 2013, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 52/13).

2. Obxecto do contrato: obras de reparación na rede de subministración de enerxía eléctrica do SUR-PPI-2, sector 2, no Concello do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 19.438,65 € (16.065 € + 3.373,65 € en concepto de IVE).

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 13 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 18 de novembro de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde