Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46235

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública (expediente 2342/426).

Clínica Dental Piñeiro Sande, S.L. solicitou da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenza de obras de acondicionamento e licenza de actividade para unha clínica dental, que se situará na praza de Compostela, 10, baixo e entreplanta (expediente 2342/426).

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que as persoas que se consideren afectadas dalgún modo pola actividade que se pretende establecer poidan alegar o que consideren oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primero anuncio e rematará unha vez transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do Edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 22 de outubro de 2013

María del Carmen Silva Rego
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo