De conformidade co establecido na norma 7.3 dos criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2012, relativos á axuda para a atención de persoas discapacitadas, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia do 21 de marzo de 2013 e publicados pola Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 1 de abril de 2013 (DOG número 68, do 9 de abril), o anuncio de exposición das listaxes definitivas de admitidos e excluídos publicarase no Diario Oficial de Galicia.
Dado que nas listaxes preceptivas figuran datos de carácter identificativo, de características persoais, económicos o de saúde protexidos pola Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, cuxa publicación pode lesionar o dereito constitucional á intimidade dos/das solicitantes ou dos/das causantes das axudas, cómpre realizar a publicación coas limitacións e reservas establecidas no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Dando cumprimento ao prescrito, esta dirección xeral, transcorrido o prazo de alegacións previsto no punto segundo da Resolución do 13 de setembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 179, do 19 de setembro) e unha vez concluídos os traballos de revisión das reclamacións presentadas,
RESOLVE:
Primeiro. Publicar no Diario Oficial de Galicia, como anexo a esta resolución, a distribución final da concesión das axudas do fondo de acción social do exercicio económico do ano 2012.
Segundo. Facer públicas as listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do fondo de acción social do exercicio económico 2012 relativos á axuda para a atención de persoas discapacitadas na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública http://funcionpublica.xunta.es/?q=FAS
Para o coñecemento íntegro do acto as persoas solicitantes deberan introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código de impresión da súa solicitude.
Segundo. Contra a resolución as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada perante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co previsto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2013
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Tipo de axuda |
Entradas |
Aprobadas |
Denegadas |
Importe en euros |
1. Discapacitados |
813 |
673 |
140 |
859.755,94 |