Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 6 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador ANP-PO-0152/2013-V e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa Fernández Ladreda, 43, 4ª planta, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 6 de novembro de 2013

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado polo

ANP-PO-0152/2013

Luciano Vila Montes

Acordo de incoación

Xefe territorial

ANI-PO-0053/2013

Miriam Mateo Gutiérrez

Acordo de incoación

Xefe territorial

ANP-PO-0146/2013

Juan Dosantos Barreiro

Acordo de incoación

Xefe territorial

ANP-PO-0148/2013

Daniel Vila Oliveira

Proposta de resolución

Xefe territorial