Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 15 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia para os efectos de emendar os escritos dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores LU-EP 70/12, LU-EP 73/12 e LU-EP 74/12 en materia de espectáculos públicos, tramitados na provincia de Lugo.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á interesada que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento de emenda dos escritos dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores LU-EP 70/12, LU-EP 73/12 e LU-EP 74/12 en materia de espectáculos públicos, tramitados na provincia de Lugo.

A interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza:

Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado requirimento.

Unha vez transcorrido ese prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Concédeselle á interesada un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación deste requirimento, para que poida emendar os escritos dos recursos de alzada e presentar a documentación que considere conveniente ao seu dereito, ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de conformidade co disposto nos artigos 32 e 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último domicilio coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Expedientes: resolucións dos expedientes sancionadores (LU-EP 70/12, LU-EP 73/12 e LU-EP 74/12).

Recorrente: Andrea Rodríguez Gayoso.

Acto de notificación: requirimento de emenda dos escritos dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores anteriormente citados.

Último domicilio coñecido: rúa Doutor Fleming, nº 5, baixo, 27002 Lugo.

Indicáselle que, de non presentar a documentación requirida no prazo indicado anteriormente, se lle terá por desistida da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.