Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46677

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Neves

ANUNCIO de información pública sobre a construción dun cemiterio en Charrúas (Liñares).

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente de construción dun cemiterio na parroquia de Liñares do termo municipal das Neves, lugar de Charrúas, tramitado por instancia da Asociación de Veciños de Santa María de Liñares, durante o prazo de vinte días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia. O expediente estará á disposición do público nas oficinas municipais, co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e, de ser o caso, presentar as alegacións e observacións que crea convenientes.

As Neves, 24 de outubro de 2013

Raúl Emilio Castro Rodríguez
Alcalde presidente