Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46678

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de información pública (expediente 2012000880).

Liyan Tang e Huiga Zou solicitaron licenza de apertura para o exercicio da actividade de bazar no barrio do Muro, 35-37 Redondela (Pontevedra). De conformidade co disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no último diario oficial en que se publique (Diario Oficial de Galicia ou Boletín Oficial da provincia).

Redondela, 30 de outubro de 2013

Miguel Ángel Álvarez Ballesteros
Alcalde accidental