Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 5 de decembro de 2013 Páx. 46952

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 20 de novembro de 2013 pola que se modifica a autorización, por cambio de denominación, do centro autorizado de ensinanzas deportivas Salvacón, do concello de Ourense.

O representante da titularidade do centro autorizado de ensinanzas deportivas Salvacón, do concello de Ourense, solicita o cambio da denominación específica do centro educativo polo de Safe Formación.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 410/2003, do 6 de novembro, de autorización a centros privados e centros públicos que non sexan de titularidade desta consellería para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia, e coa Orde do 12 de abril de 2004 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar o cambio da denominación específica do centro autorizado de ensinanzas deportivas Salvacón, código 32020835, pasando a denominarse centro autorizado de ensinanzas deportivas Safe Formación.

Segundo. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria