Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47532

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 10 de decembro de 2013 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado pola Orde do 21 de novembro de 2008.

En virtude da Orde do 21 de novembro de 2008 (DOG núm. 234, do 2 de decembro) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos.

Pola Orde do 12 de xullo de 2010 (DOG núm. 136, do 19 de xullo) foron nomeados/as funcionarios/as da dita escala e adxudicáronselles destinos provisionais.

En atención a todo o exposto e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os/as funcionarios/as en destino provisional que figuran na Orde do 12 de xullo de 2010 pola que se procede ao nomeamento como funcionarios/as do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 13 de decembro de 2013, ás 13.15 horas.

Segundo. Os/as funcionarios/as convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Os/as funcionarios/as que pretendan optar aos postos para cuxo desempeño é preciso estar en posesión do permiso de conducir B, deberán presentar o orixinal ou copia compulsada no acto de elección de destino.

Terceiro. Os/as funcionarios/as deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos/as funcionarios/as que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/as aspirantes presentes ou representados/as, entre as que queden sen adxudicar.

Quinto. Exceptúanse os/as aspirantes que teñan adxudicado outro posto nesta mesma escala con carácter definitivo. Neste caso a incomparecencia ao acto implicará a opción por permanecer nese posto.

Sexto. Os/as aspirantes poderán solicitar ser declarados en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro). No primeiro suposto deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición coa que presta servizos na actualidade.

Sétimo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Código do posto

Niv.

Grupo

Corpo/escala

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Titulación requirida

Formación específica

Observacións

1

FCA291000036001140

26

A1

Especial

Xefatura facultativo/a superior

FC

Servizos periféricos

Xefatura Territorial Pontevedra

Pontevedra

Arquitectura

Experiencia en materia tributaria (mérito).

2

FCA291000032001145

26

A1

Especial

Xefatura facultativo/a superior

FC

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos periféricos)

Delegación Ourense

Ourense

Arquitectura

Experiencia en materia tributaria (mérito).

3

MAS010000215770032

26

A1

Especial

Arquitecto/a de funcións facultativas

MA

IGVS/Dirección Xeral do IGVS

Dirección Técnica de Construcións e Calidade

Santiago de Compostela

Arquitectura

Carné de conducir B1 (mérito)

4

MAS010000215770033

26

A1

Especial

Arquitecto/a de funcións facultativas

MA

IGVS/Dirección Xeral do IGVS

Dirección Técnica de Construcións e Calidade

Santiago de Compostela

Arquitectura

Carné de conducir B1 (mérito)

5

MAS991000032001073

26

A1

Especial

Arquitecto/a

MA

IGVS/Áreas provinciais

Área Provincial Ourense

Ourense

Arquitectura

Carné de conducir B1 (mérito)

6

MAC991000036001003

26

A1

Especial

Arquitecto/a de funcións facultativas

MA

Servizos periféricos

Xefatura Territorial Pontevedra

Pontevedra

Arquitectura

Coñecementos urbanismo (mérito).

7

MAC040000015770005

26

A1

Especial

Arquitecto/a-enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

S. X. de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Santiago de Compostela

Arquitectura, enxeñ.camiños, canles e portos

Coñecementos urbanismo (mérito).

8

MAC040000015770006

9

MAC040000015770008

10

MAC040000015770010

11

MAC040000015770011

12

MAC040000015770012

13

MAC040000015770013

14

MAC040000015770014

15

ED3020000015770008

20

A1

Especial

Posto base subgrupo A1

ED

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

D. X. de Patrimonio Cultural

Santiago de Compostela

Arquitectura

Permiso conducir B (RI).

16

EDC991000032001502

20

A1

Especial

Posto base subgrupo A1

ED

Servizos periféricos

Xefatura Territorial Ourense

Ourense

Arquitectura

Permiso conducir B (RI).

17

EDC991000036001502

20

A1

Especial

Posto base subgrupo A1

ED

Servizos periféricos

Xefatura Territorial Pontevedra

Pontevedra

Arquitectura

Permiso conducir B (RI).

18

SAS040000015770004

26

A1

Especial

Arquitecto/a superior de funcións facultativas

SA

Dirección de Recursos Económicos

Dirección de Recursos Económicos

Santiago de Compostela

0

19

TRC020000315770083

26

A1

Especial

Arquitecto/a superior de funcións facultativas

TR

Secretaría Xeral Técnica

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

Arquitectura

20

TRC020000315770084

26

A1

Especial

Arquitecto/a superior de funcións facultativas

TR

Secretaría Xeral Técnica

S. X. de Contratación e Control

Santiago de Compostela

Arquitectura

21

TRC020000315770085

26

A1

Especial

Arquitecto/a superior de funcións facultativas

TR

Secretaría Xeral Técnica

S. X. de Contratación e Control

Santiago de Compostela

Arquitectura

22

TRC020000315770086

26

A1

Especial

Arquitecto/a superior de funcións facultativas

TR

Secretaría Xeral Técnica

S. X. de Contratación e Control

Santiago de Compostela

Arquitectura