Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47565

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 28 de novembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución recaída na reclamación previa á vía xudicial social interposta por Ana María Pena Gómez.

O 13 de novembro de 2013 o director xeral da Función Pública ditou resolución no que atinxe á reclamación previa á vía xudicial social formulada por Ana María Pena Gómez contra a Orde do 12 de setembro de 2013 pola que se modifica a Orde do 13 de outubro de 2006 pola que se nomea persoal laboral fixo e se adxudica destino definitivo aos/ás aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso á categoría 050 (técnico/a especialista en xardín de infancia), do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocada pola Orde do 19 de decembro de 2003, en execución da sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Lugo o 8 de xuño de 2007 nos autos 116/2007.

Logo de tentar dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar, e foi devolta polo dito servizo, por non retirado tras os dous intentos en que consta ausente na repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifica a Ana María Pena Gómez a resolución antes referida.

A interesada pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra a presente resolución que esgota a vía administrativa, cabe formular demanda perante o xulgado do social competente, nos termos e prazo fixados nos artigos 10 e 69 e seguintes da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE nº 245, do 11 de outubro), a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública