Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47627

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Betanzos (expendiente IN407A 2013/102-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución dunha instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Domicilio social: Vicente Ferres, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: CS e CT para alimentación IES As Mariñas.

Situación: avenida da Coruña, Betanzos.

Características técnicas: centro de seccionamento prefabricado, formado por cela de entrada, cela de saída e cela de liña, 24 kV, 400 A. Liña de enlace entre CS e CT en cable RHZ1-2OL-12/20 kV, 3×(195 mm2 Al), lonxitude 4 m. Centro de transformación prefabricado composto por cela de entrada de liña, cela de protección, cela de medida, 24 kV, 400 V e transformador refrixeración natural en aceite 15/20 kV-400 V, 250 kVA.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran neste e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 25 de novembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña