Emma Rodríguez Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas, fago saber que neste xulgado se tramitan autos de xuízo ordinario nº 521/2010, sobre reclamación de cantidade, por instancia de Paloma Martínez López contra Hortensio Vidal González, declarado en rebeldía procesual, nos cales se ditou sentenza e auto aclaratorio, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:
«Sentenza 125/2011.
Ponteareas, 30 de setembro de 2012.
Xuízo ordinario 521/2010.
Vistos por Eva Armesto González, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas, os autos do xuízo de ordinario 521/2010 en que son partes a demandante Paloma Martínez López, representada pola procuradora Mercedes García Gómez, e a demandada Bodeal, S.L.U., declarada en rebeldía.
Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.
Resolución:
Admito parcialmente a demanda presentada por Paloma Martínez López contra Hortensio Vidal González e debo condenar e condeno a Hortensio Vidal González a pagar 6.161,13 euros a Paloma Martínez López máis os xuros legais.
As custas deben aboarse as comúns por metade e cada parte debe aboar as causadas pola súa instancia.
Notifíquese ás partes a través dos seus representantes en xuízo.
Contra esta sentenza poderá interpoñerse recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, recurso que se deberá presentar neste xulgado no prazo de cinco días desde a súa notificación conforme os artigos 457 e seguintes da LAC.
Así o pronuncio, mando e asino, Eva Armesto González, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas.
Auto.
Xuíza/maxistrada-xuíza: Eva Armesto González.
En Ponteareas o dezaseis de marzo de dous mil doce.
Antecedentes de feito.
Primeiro. No presente procedemento ditouse sentenza o 30.9.2011, que foi notificada ás partes litigantes.
Segundo. Na referida resolución figura o seguinte parágrafo:
No fundamento de dereito primeiro: “exercita a acción de reclamación de cantidade de 2.413,80 euros”.
Terceiro. A parte demandante pediu a aclaración da sentenza.
Seguen fundamentos de dereito.
Parte dispositiva.
Acordo:
Estimar a petición formulada pola parte demandante de aclarar a sentenza do 30.9.2011, ditada no presente procedemento, no sentido que se indica:
Onde di no fundamento de dereito primeiro: “exercita a acción de reclamación de cantidade de 2.413,80 euros”.
Debe dicir no fundamento de dereito primeiro: “exercita a acción de reclamación de cantidade de 24.413,80 euros”.
Líbrese certificación desta resolución, que quedará unida a estas actuacións, e lévese o seu orixinal ao libro de resolucións definitivas.
Modo de impugnación: contra esta resolución non caberá recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a resolución a que se refire a solicitude de aclaración.
Así o manda e acorda a súa señoría. Dou fe.
A maxistrada-xuíza A secretaria xudicial»
En virtude do acordado e de conformidade co disposto nos artigos 156.4, 164 e 497.2 da LAC, para que sirva de notificación en forma ao demandado Hortensio Vidal González, declarado en rebeldía e en ignorado paradoiro, expido o presente edicto.
Ponteareas, 9 de maio de 2013
A secretaria xudicial