Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 12 de decembro de 2013 Páx. 47784

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas

EDICTO (193/2012).

Estefanía Ave Prieto, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas, polo presente anuncio:

No procedemento sobre medidas relativas a garda, custodia e alimentos de menores nº 193/2012 deste xulgado seguido por instancia de María Gutiérrez Soares fronte a Joao Miguel Domingues da Rocha, con intervención do Ministerio Fiscal, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza 89/2013

En Ponteareas, 17 de outubro de 2013.

Vistos por min, María del Pilar Cao Fernández, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas e dos do seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo de medidas relativas á garda, custodia e alimentos dos menores, seguidos ante este xulgado co número 193/2012, en que é parte demandante María Gutiérrez Soares, representada polo oficial habilitado Alejandro Bravo en substitución da procuradora Mª Mercedes García Gómez e asistido pola letrada Mª Jesús González Ojea, e parte demandada Joao Miguel Domínguez da Rocha, en situación de rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido que debo de estimar e estimo parcialmente a demanda interposta pola representación procesual de María Gutiérrez Soares fronte a Joao Miguel Domingues da Rocha e debo acordar e acordo as seguintes medidas:

Atribución da garda e custodia dos menores, María Micaela e Valerio, á nai María Gutiérrez Soares. A titularidade e exercicio da patria potestade corresponde a ambos os proxenitores.

Respecto ao réxime de visitas e comunicación, acórdase que o pai, proxenitor non custodio, terá dereito a estar en compañía dos seus dous fillos os sábados e domingos desde as 16.00 ata as 20.00 horas, cada día, dos fins de semana alternos, sen dereito a pernoita. O pai debe efectuar a entrega e recollida dos menores no domicilio onde estes vivan con súa nai.

En canto á pensión de alimentos, Joao Miguel Domingues da Rocha deberá aboar unha pensión de 250 euros mensuais para cada fillo, María Micaela e Valerio, actualizables anualmente conforme o IPC, que este último deberá ingresar dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que para tal efecto facilite a demandante. Así mesmo, ambos os proxenitores deberán satisfacer por metade, ao 50 %, os gastos extraordinarios que orixine os seus fillos menores.

Dada a natureza do presente procedemento non procede realizar pronunciamento en canto ás custas procesuais.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, ás que se advirte que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que deberá presentarse ante este xulgado dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, e que se tramitará conforme as normas da nova Lei de axuizamento civil, sendo necesario que para iso se proceda a ingresar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose o devandito demandado, Joao Miguel Domingues da Rocha, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ponteareas, 18 de outubro de 2013

A secretaria xudicial