Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 48872

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais dos participantes admitidos no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de xullo de 2013.

Convocado o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, á vista da proposta do 17 de decembro de 2013 da comisión encargada de valorar os méritos achegados polos concursantes, e de conformidade coa base VIII.1 da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as relacións coas puntuacións provisionais dos concursantes admitidos para cada un dos postos solicitados. Estas relacións atópanse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas do Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe Función pública.

Segundo. Os interesados poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública