Mediante Resolución do 20 de maio de 2013 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras das axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOG nº 107, do 6 de xuño de 2013) e procedeuse á súa convocatoria para o exercicio 2013, en réxime de concorrencia competitiva, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN).
Na dita resolución, no seu punto cuarto, establécese a súa dotación orzamentaria, así como que o director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.
Tendo en conta o volume de solicitudes recibidas e tratando de dar resposta á ampla demanda de axuda, semella oportuno incrementar o importe aprobado para as axudas establecidas nestas bases.
Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Único. Amplíase para o exercicio 2013 en 820.000 € o crédito establecido na partida orzamentaria 08.A1.741A.7812 para as axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOG nº 107, do 6 de xuño de 2013).
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2013
Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica