Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 48870

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2013 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para o exercicio 2013 das axudas do Igape ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan Estratéxico do Téxtil, Visión 2020.

Mediante Resolución do 19 de agosto de 2013 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras das axudas do Igape ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan Estratéxico do Téxtil, Visión 2020 (DOG nº 156, do 19 de agosto de 2013) e procedeuse á súa convocatoria para o exercicio 2013, en réxime de concorrencia competitiva.

Na dita resolución, no seu punto terceiro, establécese a súa dotación orzamentaria, así como que o director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Tendo en conta o volume de solicitudes recibidas e tratando de dar resposta á ampla demanda de axuda, semella oportuno incrementar o importe aprobado para as axudas establecidas nestas bases.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único. Amplíase para o exercicio 2013 en 150.000 € o crédito establecido na partida orzamentaria 08.A1.741A.7708 para as axudas do Igape ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan Estratéxico do Téxtil, Visión 2020 (DOG nº 156, do 19 de agosto de 2013).

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2013

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica