Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49500

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 16 de decembro de 2013, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se abre un prazo de información pública na tramitación do procedemento de renovación ordinaria do Comité Galego de Transportes, previsto no artigo 13 do Decreto 251/1998, do 10 de setembro.

Con data do 26 de xullo de 2013, publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 11 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocou ás asociacións profesionais de transportistas e de empresas de actividades auxiliares e complementarias do transporte por estrada para que acreditasen a súa representatividade, co fin de revisar a composición do Comité Galego de Transportes por Estrada.

Na referida resolución habilitouse un prazo, comprendido entre o día seguinte ao da publicación da resolución e o 20 de setembro de 2013, ambos os dous incluídos, en que aquelas asociacións e federacións que o desexasen debían achegar a documentación acreditativa da súa representatividade no comité.

Unha vez rematado o prazo establecido, efectuados os requirimentos de emenda e logo do exame da documentación presentada, considérase procedente abrir, de conformidade co disposto no artigo 86.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, un período de información pública no prazo de 10 días contado a partir do día seguinte ao de publicación desta cédula, en que calquera interesado poida comparecer, examinar e facer alegacións á documentación contida nos expedientes que se atopan en tramitación.

Co obxecto de facilitar o acceso á documentación achegada, esta será exposta na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade:

http://www.cmati.xunta.es/seccion-tema/c/Conducion?content=Direccion_Xeral_Mobilidade/Procedementos_formularios/seccion.html&std=outros-formularios-dx-mobilidade.html

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2013

Mª del Camino Triguero Salas
Directora xeral de Mobilidade