Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49501

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de novembro de 2013 polo que se lle notifica a Eurocontrol y Accesos, S.L. o acordo de inicio do secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 20 de novembro de 2013, relativo ao procedemento de reintegro da subvención concedida ao abeiro da Orde do 19 de febreiro pola que se establecen as bases reguladoras e condicións do réxime de concesións para a súa adhesión e mantemento nun sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS).

Intentada a notificación, no último domicilio coñecido, a Eurocontrol y Accesos, S.L. (NIF B36917713) do Acordo do 20 de novembro de 2013 de inicio do procedemento de reintegro da subvención concedida á devandita empresa con data do 10 de xullo de 2007, non foi posible realizala. Polo tanto, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procédese á notificación do devandito acordo, cuxo contido se recolle de forma sumaria neste anuncio, por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A causa do reintegro da devandita subvención vén determinada polo incumprimento das obrigas derivadas da adhesión e mantemento do sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS).

Conforme o artigo 77.3 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro), este acordo de inicio interrompe o prazo de prescrición de que dispón a Administración para exixir o reintegro, de acordo co establecido no artigo 35 (números 1 e 2.c) da Lei de subvencións de Galicia, que indica que prescribirá aos catro anos, desde o momento en que venceu o prazo en que deberán cumprirse as condicións e obrigas a que se comprometeu o beneficiario no momento da concesión.

Os representantes da persoa xurídica interesada poderán examinar o expediente completo na Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental, situada en San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De conformidade co establecido no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselle á persoa xurídica interesada un prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo, co fin de que poida presentar as alegacións, documentos e xustificantes que considere oportunos para a defensa dos seus intereses. Transcorrido o devandito prazo, e aínda que a persoa xurídica interesada non se acolla ao dereito de presentar alegacións e documentos, esta consellería ditará a resolución que proceda en relación co procedemento de reintegro.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2013

P.D. (Orde 15.3.2012)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas