Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49521

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a contratación da xestión, en réxime de concesión, do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou dependentes (SGAMP). Anticipado de gasto.

A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que seguidamente se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PA 116/2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación da xestión, en réxime de concesión, do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou dependentes (SGAMP), por procedemento aberto e tramitación ordinaria. Anticipado de gasto.

b) Lugar de execución: todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 8 de febreiro de 2016.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento máximo de licitación total previsto: estímase en seis millóns oitocentos vinte e catro mil cincocentos trinta e nove euros con oitenta e seis céntimos (6.824.539,86 €) aos cales se lles engaden seiscentos oitenta e dous mil catrocentos cincuenta e tres euros con noventa e nove céntimos (682.453,99 €) en concepto de IVE, o que supón un total de sete millóns cincocentos seis mil novecentos noventa e tres euros con oitenta e cinco céntimos (7.506.993,85 €).

5. Garantía provisoria: non.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral de Política Social-Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 73 98-981 54 56 50.

e) Fax: 981 54 56 63.

f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5.3.2.1), documentación administrativa sobre nº 1, prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia do Complexo Administrativo de San Caetano, s/n.

2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral de Política Social.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de anuncios: 10,82 € por liña publicada no DOG.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19959

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2013

P.D. (Orde do 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar