Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 22 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público o inicio do procedemento de reintegro de axudas e subvencións ao programa de incentivos á contratación indefinida de parados de longa duración, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 16 de xaneiro de 2009), relativa ao expediente TR347I 2009/30-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

De conformidade co previsto no artigo 38.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente ante esta xefatura territorial.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 22 de novembro de 2013

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR347I 2009/30-2.

Nome: Jacobo Rodríguez Peña.

DNI/NIF: 33337583A.

Último enderezo coñecido: rúa Ortega y Gasset, 1, planta baixa, 27002 Lugo.

Feito imputado: incumprimento dos artigos 4 e 6, letra d) da Orde do 30 de decembro de 2008.

Precepto infrinxido: artigos 4 e 6, letra d) da orde de convocatoria.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro de axuda.