Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 25 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se notifica a iniciacion do dereito de audiencia no expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orden social 2009/0439-4.

Intentada a notificación no domicilio coñecido por esta dirección xeral ao titular da empresa que se indica a continuación e non sendo posible a súa práctica nel, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, a iniciación do prazo de quince días, a partir do seguinte ao da súa publicación no DOG, durante o que poderán exercer o dereito de audiencia, así como achegar novas alegacións, segundo o establecido no artigo 84 da citada Lei 30/1992.

Expediente: 2009/0439-4.

Acta de infracción: 98378/2009/4/H.

Empresa: Layba Galicia, S.L.

Enderezo: rúa Principal, 36, 1º, Lalín (Pontevedra).

Sanción imposta: 2.046 euros.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción incoada á empresa.

– Escrito de alegacións da empresa expedientada.

– Informe ampliatorio da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

– Resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Vigo.

– Recurso de alzada formulado pola empresa sancionada.

– Solicitude de información á xurisdición penal.

– Auto de sobresemento firme do Xulgado de Instrución número 2 de Lalín do día 10.6.2011.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social