Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49566

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Notaría do Sr. Julián Rodicio Rodicio (Porto do Son)

ANUNCIO para a poxa dun inmoble en procedemento de venda extraxudicial.

Julián Rodicio Rodicio, notario do Ilustre Colexio de Galicia, con residencia en Porto do Son, fago saber:

Que na miña notaría, sita na avenida de Galicia, nº 11-12, entreplanta B, 15970 Porto do Son (A Coruña) se tramita venda extraxudicial, conforme o artigo 129 da Lei hipotecaria, do seguinte predio hipotecado:

Integrante dun edificio sito no lugar de Aguieira, parroquia de Nebra, municipio de Porto do Son:

Urbana. Número dous de división horizontal. Vivenda sita no piso primeiro, de cento cinco metros cadrados de superficie útil. Linda: dereita entrando, esquerda e fondo, o propio predio en que se sitúa a edificación; fronte, estrada.

Ten como anexo o resto do terreo unido á edificación, de 537 metros cadrados, no cal se acha encravado un pozo de auga e as súas canalizacións para servizo de todo o edificio.

Cota: 33 por cento.

Inscrición: Rexistro da Propiedade de Noia, no tomo 1.048 do arquivo, libro 139 de Porto do Son, folio 160, predio rexistral 14.648.

Procedendo a poxa do predio, fanse saber as súas condicións:

A poxa terá lugar na miña notaría, no trinta de xaneiro de dous mil catorce, ás trece horas, co tipo base de 128.864,94 euros.

A documentación e certificación do Rexistro a que se refiren os artigos 236.a) e 236.b) do Regulamento hipotecario poden consultarse na notaría de luns a venres das 9.30 ás 14.00 horas, exceptuando festivos. Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación achegada. As cargas, gravames, e asentos anteriores á hipoteca que se execute continuarán subsistentes. Os licitadores deberán consignar, previamente á poxa, na notaría, unha cantidade equivalente ao 30 por 100 do tipo que corresponde á poxa, mediante cheque bancario a nome do notario. Poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, xuntando o comprobante do depósito previo, ata o momento da poxa. Só a adxudicación a favor do acredor requirente ou o remate a favor deste ou dun acredor posterior poderá facerse a calidade de ceder a un terceiro.

Porto do Son, 16 de decembro de 2013

Julián Rodicio Rodicio
Notario