Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49565

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de nave almacén e modificación non substancial de actividade no parque empresarial de Sigüeiro.

Gamesa Eolica, S.A., con CIF B31907330, solicitou unha licenza para a ampliación de nave almacén e a modificación non substancial de actividade na parcela 52 do parque empresarial de Sigüeiro, e neste concello tramítase o expediente da licenza da dita actividade.

En cumprimento do artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública polo prazo de vinte días desde a inserción deste anuncio no DOG e no BOP, para que quen se vexa afectado dalgún xeito pola dita actividade presente as observacións que considere pertinentes.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio comunícaselles aos interesados, aos cales non sexa posible notificar persoalmente, que están notificados para todos os efectos, e advírteselles que teñen un prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da notificación, para alegar o que consideren oportuno.

O expediente obxecto desta información atópase depositado nas dependencias deste concello (UR-083/2013) e podéndose consultar durante o horario de oficina.

Oroso, 20 de novembro de 2013

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde presidente