Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49564

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondoñedo

ANUNCIO de información pública sobre actividade para estación base de servizos de telecomunicacións no monte Padornelo.

José Manuel Yáñez Santalla, en nome e representación da empresa Vodafone España, S.A.U., solicitou desta alcaldía licenza de actividade para estación base de servizos de telecomunicacións, que se situará no polígono 20, parcela 943 (monte Padornelo) do concello de Mondoñedo. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Mondoñedo, 26 de novembro de 2013

Manuel Orlando González Cruz
Alcalde