Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49467

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1040/2008).

Nas actuacións RSU número 1040/2008 IP a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 466/2007 do Xulgado do Social número 1 de Vigo, promovidos por Isolino Torres Fernández contra Granitos Poniente, S.L. e outros, sobre recarga de accidente, con data do 3 de outubro de 2013 a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

A Sala acorda:

Declarar a inadmisión dos recursos de casación para a unificación de doutrina interpostos polo letrado Miguel Lamela Méndez, en nome e representación de Bienvenido Rodríguez Pérez e outros, e polo letrado Adolfo José López Fernández, en nome e representación de José Manuel García Prego, Jesús Ignacio Domínguez González, José Otero Míguez, Herminio Carracedo González, Rosa Mar Mouriño Rivas, Delfín Puime Alonso e Pedro Luis Abalde García contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 30 de abril de 2012, no recurso de suplicación número 511/2012, interposto por José Manuel García Prego, Jesús Ignacio Domínguez González, José Otero Míguez, Herminio Carracedo González, Rosa Mar Mouriño Rivas, Delfín Puime Alonso, Pedro Luis Abalde García, José Ramón Coto Iglesias, Bienvenido Rodríguez Pérez, Francisco Rico Carvalho, Manuel Vázquez Vilar, Carlos Seoane Osorno, Óscar Soto Duarte, Alberto Manuel Troncoso Oliveira, Juan Carlos Brea Míguez, Higinio Rodríguez Rico, Rosa Rivas Couto, Herminia Gómez González, Rosa Campelo Carballo, Rogelio Fernández Fernández, Domingo Pino Doval e Antonio Alonso Domínguez, fronte á sentenza ditada no Xulgado do Social número 1 de Vigo con data do 21 de outubro de 2011, no procedemento número  410/2010, seguido por instancia de José Manuel García Prego, Jesús Ignacio Domínguez González, José Otero Míguez, Herminio Carracedo González, Rosa Mar Mouriño Rivas, Delfín Puime Alonso, Pedro Luis Abalde García, José Ramón Coto Iglesias, Bienvenido Rodríguez Pérez, Francisco Rico Carvalho, Manuel Vázquez Vilar, Carlos Seoane Osorno, Óscar Soto Duarte, Alberto Manuel Troncoso Oliveira, Juan Carlos Brea Míguez, Higinio Rodríguez Rico, Rosa Rivas Couto, Herminia Gómez González, Rosa Campelo Carballo, Rogelio Fernández Fernández, Domingo Pino Doval e Antonio Alonso Domínguez contra Taguive, S.L., Industrias de Tableros Valga, S.L., Fibras de Madera, S.A. e Fondo de Garantía Salarial, sobre rescisión de contrato.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos.

Advírtese a parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Litomega, S.L., Granitos Poniente, S.L. e Granipais, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 27 de novembro de 2013

A secretaria xudicial