Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49469

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1918/2011).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 1918/2011-CON desta sala, seguido por instancia de Asepeyo, Mutua de A.T. e E.P. da Seguridade Social número 151 contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Lemos Romero, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Canteras Fandiño y Pérez, S.L., sobre reintegro de prestacións, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Accédese á aclaración-rectificación de erro solicitada pola representación procesual da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e aclárase a resolución no sentido seguinte:

“Estimamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Mutua Asepeyo contra a sentenza do 24.1.11, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, en proceso sobre seguridade social-reintegro, promovido por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o recorrente, INSS, TXSS e Lemos Romero, S.L. e Canteras Fandiño y Pérez, S.L., revogamos en parte a sentenza impugnada e condenamos de forma principal e solidaria as entidades Lemos Romero, S.L. e Canteras Fandiño y Pérez, S.L. ao pagamento á Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo de 18.853,47 €, con obriga de anticipo da Mutua Asepeyo e con responsabilidade subsidiaria do INSS en caso de insolvencia empresarial”.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe ningún recurso, excepto o que corresponda á sentenza.

Así, por este noso auto, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Canteras Fandiño y Pérez, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de novembro de 2013

A secretaria xudicial