Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 30 de decembro de 2013 Páx. 52454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica reelectrificación de Granda e Lentille (Xoibán) e Muíño Novo (Gaibor), nos concellos de Vilalba e Begonte (expediente 020/2007 AT).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas S.A., con enderezo para os efectos de notificación na rúa Ciudad de Viveiro, 4, Lugo, aprécianse os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 26 de outubro de 2007, a citada empresa solicita a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica chamada reelectrificación de Granda, Lentille e Muíño Novo, nos concellos de Begonte e Vilalba, presentando o preceptivo proxecto das instalacións a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e xuntando a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE núm. 285, do 28 de novembro) e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado, que a desenvolve.

Segundo. Con data do 8 de xaneiro de 2008 a Delegación Provincial da Consellería de Cultura e Deporte de Lugo emite un informe desfavorable, polo que, con data do 30 de xullo de 2008, a empresa beneficiaria presenta o modificado ao proxecto de reelectrificación de Granda, Lentille e Muíño Novo.

Terceiro. Con data do 30 de maio de 2012, a empresa Begasa presenta escrito de contestación ao requirimento feito por este Servizo de Enerxía e Minas o 27 de maio de 2010.

Cuarto. Con data do 10 de decembro de 2012, a empresa Begasa presenta un modificado ao proxecto en contestación ao requirimento feito por este Servizo de Enerxía e Minas o 5 de setembro de 2012.

Quinto. O 2 de abril de 2013, a empresa beneficiaria presenta o anexo xustificativo en cumprimento da ITC-LAT 01 á 09 do Real Decreto 223/2008, do 15 de febreiro.

Sexto. O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante resolución desta xefatura territorial de Economía e Industria do 23 de abril de 2013. Esta resolución foi publicada no diario La Voz de Galicia do 4 de maio de 2013, no BOP de Lugo do 13 de maio de 2013 e no DOG do 24 de maio de 2013, no taboleiro de anuncios da citada xefatura territorial e no taboleiro de anuncios dos concellos de Begonte e Vilalba. Con esta resolución inseríase a relación de bens e dereitos afectados.

Así mesmo, practicouse notificación individual aos interesados incluídos na referida relación de bens e dereitos afectados.

Sétimo. Enviáronselles separatas relativas ao proxecto aos diferentes organismos afectados e cumpríronse os trámites establecidos no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Oitavo. Durante o trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Noveno. O persoal dos servizos técnicos desta xefatura territorial emite informe favorable sobre a solicitude obxecto deste expediente, de acordo co disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e o disposto no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Igualmente, unha vez revisado sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, informa os referidos servizos técnicos que non se dá ningunha das limitacións para a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica a que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 57 da Lei 54/1997, sobre os predios incluídos na relación de bens e dereitos que foi obxecto de información pública e sobre os que a empresa beneficiaria non chegou a un acordo amigable cos seus propietarios.

A este feitos son de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; no Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, no Decreto 36/2001, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalaciones eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo. No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da citada Lei 54/1997, e os regulamentarios ordenados nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. Sen prexuízo do anterior, cómpre ter en conta que consonte o artigo 151 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en calquera momento a empresa beneficiaria e os titulares dos necesarios bens e dereitos poden convir un mutuo acordo, causando a correspondente conclusión do expediente expropiatorio.

De acordo co exposto e en virtude das competencias que ten atribuídas, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Primeiro. Autorizar a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas S.A. o establecemento da instalación eléctrica denominada reelectrificación de Granda, Lentille e Muíño Novo, nos concellos de Begonte e Vilalba, coas seguintes características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea, con orixe no punto de entroncamento coa LMT Cospeito, da ST Vilalba e final no CTI proxectado, en condutor de aluminio-aceiro LA-056 tendido tensado sobre tres apoios metálicos de celosía, con illamento mediante cadeas a base de polímeros ata 24 kV e un punto de seccionamento e protección no apoio anterior ao CTI, formado por seccionadores con fusibles de expulsión XS, cunha lonxitude de liña de 248 metros en total, simple circuíto, a tensión trifásica de 20 kV nominal e 50 Hz frecuencia.

2. Centro de transformación intemperie, sobre apoio metálico, de 100 kVA de potencia instalada e 160 kVA de potencia máxima admisible.

Segundo. Aprobar o Modificado ao proxecto de execución, o anexo I e o anexo xustificativo da instalación eléctrica reelectrificación de Granda, Lentille e Muíño Novo visados, respectivamente, os días 27 de xuño de 2008, o 11 de decembro de 2012 e o 26 de marzo de 2013 cos números 2328/2008, 1875/2012 e 525/2013, polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo, e asinados polo enxeñeiro técnico industrial Juan Carlos Vázquez Gómez, colexiado número 352.

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica obxecto deste expediente, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Por isto, en cumprimento do disposto neste artigo, acórdase que o representante da Administración dea comezo, na data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ao levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación de bens e dereitos publicada no xornal La Voz de Galicia do 4 de maio de 2013, no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 13 de maio de 2013 e no Diario Oficial de Galicia do 24 de maio de 2013, expostas no taboleiro de anuncios desta xefatura territorial e no taboleiro de anuncios dos concellos de Begonte e Vilalba. Así mesmo, faise constar que ata o momento do levantamento das actas previas, se poderán formular as alegacións que se consideren oportunas, para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados que foi obxecto de publicación nos medios e nas datas anteriormente referidos. Estas alegacións deberanse presentar por escrito perante esta Xefatura Territorial de Economía e Industria (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70, código postal 27071, Lugo).

Todo isto, de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e cos planos que figuran no proxecto modificado, anexo I e anexo xustificativo presentados pola empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que, en todo momento, se manterán as condicións regulamentarias de seguridade con carácter permanente.

Terceira. Deberase cumprir canto establece a lexislación técnica de liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, de acordo co Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, así como, de ser o caso, a lexislación aplicable ás instalacións de baixa tensión e as súas instrucións técnicas complementarias de acordo co Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, ademais do resto de normativa e directrices vixentes que sexan de aplicación.

Cuarta. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa desta xefatura territorial.

Quinta. O prazo para a execución das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data de notificación/publicación desta resolución.

Sexta. A Administración resérvase para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Sétima. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial o outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

A publicación desta resolución realízase tamén para os efectos previstos no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa de 1954.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación/publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Lugo, 4 de decembro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo