Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 30 de decembro de 2013 Páx. 52452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 168/2006).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo I do proxecto de LMTS, CT, RBT Fontemaior-Ermida.

Situación: concello de Culleredo.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,534 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS SBN-717B (expediente 300/2005), no tramo entre o paso aero-soterrado e o CT rúa Río Chan (expediente 300/2005), condutor tipo RHZ1, e final en cela de liña existente no CT rúa Río Chan (expediente 300/2005), despois de realizar entrada e saída no CT Fontemaior proxectado.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Saídas rede de baixa tensión subterránea do CT Fontemaior, cunha lonxitude de 0,092 km, con orixe no CTC proxectado, condutor tipo XZ1.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o anexo I do proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 3 de decembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña