Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 30 de decembro de 2013 Páx. 52466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2013 pola que se fai pública a formalización de contratos administrativos de prórroga de servizos, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias ditada pola presidencia do organismo e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública, e para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, procede a dar publicidade ás actuacións que a continuación se relacionan en previsión do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1) Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Tipo de contrato: administrativo de prórroga de servizo.

Tramitación: ordinaria.

2) Obxecto do contrato: servizo.

a) Descrición: explotación da rede de control das augas subterráneas no ámbito da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa.

Número de expediente: OH.088.302.SV.

CPV (referencia de nomenclatura): 90743100-8.

Medio e data de publicación da previsión da prórroga: nos anuncios de licitación (DOG núm. 77, do 19 de abril de 2011; BOE núm. 103, do 30 de abril de 2011 e no DOUE núm. S73, do 14 de abril de 2011).

Data de aprobación da prórroga: 4 de outubro de 2013.

Importe da prórroga: importe neto: 322.636,70 euros. Importe total: 390.390,41 euros.

Data de formalización do contrato: 23 de outubro de 2013.

Contratista: Eptisa Servicios de Ingeniería, S.L.

b) Descrición: explotación e mantemento da rede foronómica de Galicia-Costa.

Número de expediente: OH.088.306.SV.

CPV (referencia de nomenclatura): 50312310-1.

Medio e data de publicación da previsión da prórroga: nos anuncios de licitación (DOG núm. 103, do 30 de maio de 2011; BOE núm. 133, do 4 de xuño de 2011 e no DOUE  núm. S99, do 24 de maio de 2011).

Data de aprobación da prórroga: 4 de outubro de 2013.

Importe da prórroga: importe neto: 445.023,08 euros. Importe total: 538.477,93 euros.

Data de formalización do contrato: 23 de outubro de 2013.

Contratista: Técnica y Proyectos, S.A.

3) Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2) anterior cofinanciaranse pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos.

En concreto, a actuación coa letra a) encadrase no tema prioritario ou medida 46: tratamento de auga (auga residual), actuación 3.46.11: implantación e mellora de redes de control da calidade das augas e, a indicada coa letra b) no tema prioritario ou medida 53: prevención de riscos (incluídas a elaboración e aplicación de plans e medidas para prever e xestionar os riscos naturais e tecnolóxicos), actuación 3.53.9: implantación mantemento de redes de control de aforos. Unha maneira de facer Europa.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013

P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

missing image file