Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 30 de decembro de 2013 Páx. 52469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2013 pola que se anuncia a apertura do período de consulta pública do documento Esquema provisional de temas importantes do segundo ciclo de planificación hidrolóxica 2015-2021 da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa.

A planificación hidrolóxica ten como obxectivos xerais acadar o bo estado e a axeitada protección do dominio público e das augas obxecto do texto refundido da Lei de augas, aprobado por Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, a satisfacción das demandas de auga, o equilibrio e a harmonización do desenvolvemento rexional e sectorial, incrementando as dispoñibilidades do recurso, protexendo a súa calidade, economizando o seu emprego e racionalizando os seus usos en harmonía co ambiente e cos demais recursos naturais.

O Real decreto 907/2007, do 6 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de planificación hidrolóxica, regula no seu título terceiro o procedemento de seguimento e revisión dos plans hidrolóxicos, que serán realizados polos organismos de bacía correspondentes ou pola Administración hidráulica competente, nas bacías comprendidas integramente no ámbito territorial da comunidade autónoma.

Con base nas competencias en materia de planificación hidrolóxica da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa, segundo o establecido no artigo 77 da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, Augas de Galicia está a levar a cabo os traballos do segundo ciclo de planificación hidrolóxica 2015-2021.

De acordo co establecido na Directiva 2000/60/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro de 2000, polo que se establece un marco comunitario de actuación ao ámbito da política de augas, e de acordo co establecido no Regulamento de planificación hidrolóxica e na Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, Augas de Galicia anuncia a apertura do período de consulta pública do documento Esquema provisional de temas importantes do segundo ciclo de planificación hidrolóxica 2015-2021 da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa.

Para tales efectos, o citado documento poderase consultar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio e polo período de 6 meses, nas sedes e páxinas web electrónicas do organismo de bacía.

O documento estará á disposición pública no seguinte enderezo electrónico:

http://augasdegalicia.xunta.es

Así mesmo, o texto do documento estarán á disposición pública nos seguintes enderezos:

a) Augas de Galicia, Servizos centrais: praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9. 15781 Santiago de Compostela.

b) Augas de Galicia, Demarcación Territorial Galica-Centro: rúa Tomiño, 16, baixo. 15781 Santiago de Compostela.

c) Augas de Galicia, Demarcación Territorial Galicia-Norte: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Monelos, r/ Vicente Ferrer, 2, 9º. 15008 A Coruña.

d) Augas de Galicia, Demarcación Territorial Galicia-Sur: r/ San Salvador, 2-4º. 36201 Vigo.

A modalidade de participación neste proceso de consulta pública será por escrito, dirixido ao director de Augas de Galicia, praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9.15781 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 17 de decembro do 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia