Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 31 de decembro de 2013 Páx. 53200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 20 de decembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica o trámite de audiencia concedido a Gracia Maestre Magdalena en relación co recurso de reposición interposto por Patricia Santos Pérez.

Con data do 9 de decembro de 2013 concedéuselle trámite de audiencia a Gracia Maestre Magdalena en relación co recurso de reposición interposto por Patricia Santos Pérez contra a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 24 de setembro de 2013.

Unha vez intentada a notificación do citado trámite a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido da interesada, esta non se puido practicar e foi devolta polo dito servizo por «non retirado» tras os dous intentos en que consta «ausente na repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifícaselle a Gracia Maestre Magdalena o trámite de audiencia antes referido.

A interesada pode recoller a notificación do trámite de audiencia mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, a interesada é informada de que, de conformidade co artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, transcorrido o dito prazo sen que compareza, se dará por efectuado o trámite e continuarase co procedemento para a resolución do dito recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública