Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 31 de decembro de 2013 Páx. 53265

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de mantemento hardware de servidores e sistemas backup do Servizo Galego de Saúde (AB-SER1-14-001).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 17.1.2014.

d) Número de expediente: AB-SER1-14-001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento hardware de servidores e sistemas backup do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 50312000-5.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntos

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-50

Capacidade técnica

0-35

Modelo de execución dos servizos ofertados

0-15

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-50

Oferta económica

0-40

Renovación tecnolóxica

0-10

4. Valor estimado do contrato: 576.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 240.000 euros. Importe total: 290.400 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 3 e categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, no seu caso: ver cláusulas 5.3.1.f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 17.1.2014.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, si procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 4 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal:15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatarios

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea: 12.12.2013.

12. Outras informacións: ver pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos