Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 31 de decembro de 2013 Páx. 53269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, tramitado con carácter ordinario e anticipado de gasto, para a contratación dun servizo de xestión integral de espazos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (AB-EIO1-14-003).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos. Sección de Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Edificio de Administración. Planta baixa. Sección de Contratación.

2º. Domicilio: rúa Ramón Puga, 52.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Teléfono: 988 38 56 91.

5º. Telefax: 988 38 50 08.

6º. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

d) Número do expediente: AB-EIO1-14-003.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: mixto de servizo e subministracións.

b) Descrición: servizo de xestión integral de espazos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, centro dependente da Estrutura de Xestión Integrada (EXI) de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución: distintos edificios que conforman o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (ver punto 2.6 do prego de cláusulas administrativas particulares).

e) Prazo de execución: 15 anos e 1 mes.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV: 79710000-4; 79711000-1; 09123000-7; 09134000-7; 09310000-5; 50530000-9; 50531100-7; 50750000-7; 50850000-8; 90922000-6; 90910000-9 (ver apartado 2.1.2 do prego de cláusulas administrativas particulares).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Subasta electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver punto 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: douscentos vinte e cinco millóns trescentos corenta e oito mil cincocentos sesenta e cinco euros con cinco céntimos (225.348.565,05 €).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: cento cincuenta millóns douscentos trinta e dous mil trescentos setenta e seis euros con setenta céntimos (150.232.376,70 €).

b) Importe total: cento oitenta e un millóns setecentos oitenta e un mil cento setenta e cinco euros con setenta e cinco céntimos (181.781.175,75 €).

6. Garantías exixidas: provisional: 100.000,00 € (ver letra e) da cláusula 5.3.1, do PCAP). Definitiva: 5 % do importe de licitación, IVE excluído (7.511.618,84 €). Complementaria: 5 % do importe de licitación, IVE excluído (7.511.618,84 €).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: si, ver letra f) da cláusula 5.3.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver letras g), h), i) e j) da cláusula 5.3.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: non proceden.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 17.2.2014. Se o último día de presentación de ofertas coincidise en sábado ou día inhábil na localidade establecida no punto 1.c.3 desta resolución, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver punto 5.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52, 32005 Ourense.

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 6 meses contados desde a data da apertura das proposicións, que se ampliará en 15 días hábiles cando se identifiquen ofertas desproporcionadas ou anormais.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: ver punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Enderezo: sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos, 1ª planta do Edificio de Administración, rúa Ramón Puga, 52.

c) Localidade e código postal: Ourense 32005.

d) Data e hora: a apertura dos sobres B e C publicarase no perfil de contratante, www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: ver punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 27.12.2013.

12. Outras informacións: para os efectos de comprobar o estrito cumprimento dos pagamentos do adxudicatario que debe facer aos posibles subcontratistas, observarase o disposto na cláusula 8.1.30 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Ourense, 20 de decembro de 2013

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras