Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 31 de decembro de 2013 Páx. 53277

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de convocatoria para a provisión dunha praza de notificador/a e dunha praza de programador/a de exposicións.

No BOP número 220, do día 19 de novembro de 2013, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de notificador/a, funcionario de carreira, a través dun proceso de consolidación de emprego temporal.

No BOP número 232, do día 5 de decembro de 2013, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de programador/a de exposicións, persoal laboral fixo, a través dun proceso de consolidación de emprego temporal.

A presentación de solicitudes para participar nestas convocatorias farase no Rexistro Xeral do Concello de Ribeira, durante o prazo de vinte días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do extracto do anuncio destas convocatorias no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ribeira, 5 de decembro de 2013

Juan Luis Martínez Queiruga
Alcalde accidental