Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 31 de decembro de 2013 Páx. 53278

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de exposición pública do expediente 39016/422 e catro máis.

As entidades que se citan, solicitaron da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenzas urbanísticas para as actividades e nos emprazamentos que de seguido se indican:

1. Solicitante: Ignacio de las Cuevas, S.A.; actividade: supermercado de alimentación; situación: avda. Camelias, nº 36; expediente: 39016/422.

2. Solicitante: Autocares Álvarez Vázquez, S.L.; actividade: taller, oficina e aparcadoiro vinculado a este; situación: rúa Viña Grande, nº 88, Bembrive; expediente: 40459/422.

3. Solicitante: Star Electrónica, S.L.; actividade: montaxe de circuítos electrónicos e oficinas; situación: rúa Freixo, nº 32, Sárdoma; expediente: 40674/422.

4. Solicitante: Adeslas Dental, S.A.; actividade: clínica dental; situación: Gran Vía, nº 160; expediente: 40716/422.

5. Solicitante: Neumáticos Cabral, C.B.; actividade: taller de substitución de pneumáticos para automóbiles; situación: avda. Ponte, nº 16, Cabral; expediente: 40772/422.

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto dende o día seguinte ao da publicación do primero anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. Os expedientes están á disposición do público en xeral e pódense consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta 1 do edificio da Xerencia sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 3 de decembro de 2013

Mª del Carmen Silva Rego
Delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos,
Grandes Proxectos e Patrimonio