Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2014 Páx. 12

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2013 pola que se conceden as axudas da Orde do 12 de xullo de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para os anos 2013-2014.

A Orde do 12 de xullo de 2013 (DOG nº 145, do 31 de xullo) estableceu as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e convocou axudas para os anos 2013-2014.

Rematada a tramitación establecida na convocatoria, de acordo co establecido no artigo 7 da orde de convocatoria, e atendendo ao informe-proposta elevado pola Comisión Técnica de Avaliación a través da Secretaría Xeral de Cultura, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar as listaxes das axudas solicitadas que se xuntan como anexo en orde decrecente da puntuación obtida e adxudicar as axudas que se sinalan en función da dispoñibilidade orzamentaria.

Segundo. O obxecto da convocatoria son as axudas destinadas á protección e difusión dos arquivos e do patrimonio documental de Galicia garantindo unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos.

A finalidade das axudas serán as actividades que teñan por obxecto a organización dos fondos documentais, o equipamento de arquivos, mellora dos locais de arquivo, restauración e dixitalización de documentos.

Terceiro. Os beneficiarios das axudas son as universidades galegas, concellos e entidades sen fin de lucro de Galicia, que figuran no anexo desta resolución.

Cuarto. O crédito orzamentario será de douscentos vinte e cinco mil catro centos corenta euros (225.440,00 €) que se librarán con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2013 e 2014 nas seguintes aplicacións orzamentarias: 09.20.432A.744.4, 09.20.432A.760.0 e 09.20.432A.781.0.

Quinto. De acordo co estipulado no artigo 11 da orde reguladora os beneficiarios quedan suxeitos as cumprir coas obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia.

Sexto. O prazo de xustificación será ata o 15 de decembro de 2013 para a anualidade de 2013 e ata o 31 de outubro de 2014 para a anualidade de 2014.

A documentación xustificativa do cumprimento efectivo dos fins para os que foi concedida a axuda presentarase conforme o estipulado no artigo 10 da orde de convocatoria.

As entidades locais beneficiarias, de acordo co establecido nos artigos 8 e 10 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, deberán presentar a conta xustificativa da subvención, que incorporará en todo caso a certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida.

De acordo co establecido no artigo 10.5 da orde, admitiranse gastos e pagamentos realizados desde o 1 de xaneiro de 2013 ata a data límite de xustificación da orde.

Sétima. De acordo co artigo 12 da orde da convocatoria, poderase librar a contía correspondente a un primeiro pagamento de ata o 50 % do total subvencionado coa presentación do proxecto e memoria detallada de actuación.

En aplicación do artigo 6.1.Dous do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, poderanse conceder pagamentos anticipados de ata un 50 % naqueles supostos en que o investimento exixa pagamentos inmediatos e sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada.

Se as dispoñibilidades orzamentarias así o permitan, poderanse facer pagos fraccionados pola contía equivalente á xustificación presentada, sempre que non superen o 80 % da porcentaxe total subvencionada.

O importe restante aboarase coa xustificación final dos investimentos realizados.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado perante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitava. De acordo co establecido nos artigos 3 e 10 da orde da convocatoria, estas axudas son compatibles con outras outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, se o importe total que percibe o beneficiario non supera a porcentaxe máxima do investimento. Na conta xustificativa da subvención deberá presentarse a relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia.

Novena. O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.

Décima. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2013

Anxo M. Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura

ANEXO
Adxudicatarios

Universidades

Expediente

Solicitante

Contía da axuda

Anualidade 2013

Anualidade 2014

Total puntos

2013/000015

Universidade de Santiago de Compostela

20.000,00 €

20.000,00 €

64,2

Concellos

Organización de fondos documentais

Expediente

Solicitante

Contía da axuda

Anualidade 2013

Anualidade 2014

Total puntos

2013/000068

Concello de Arteixo

11.217,28 €

5.608,64 €

5.608,64 €

64,09

Mellora dos locais de arquivo

Expediente

Solicitante

Contía da axuda

Anualidade 2013

Anualidade 2014

Total puntos

2013/000019

Concello do Grove

14.696,21 €

7.348,11 €

7.348,11 €

31,00

Equipamento dos arquivos

Expediente

Solicitante

Contía da axuda

Anualidade 2013

Anualidade 2014

Total puntos

2013/000067

Concello de Maside

17.155,40 €

8.577,70 €

8.577,70 €

66,00

Restauración

Expediente

Solicitante

Contía da axuda

Anualidade 2013

Anualidade 2014

Total puntos

2013/000066

Concello de Toén

4.058,53 €

2.029,26 €

2.029,26 €

54,77

Dixitalización

Expediente

Solicitante

Contía da axuda

Anualidade 2013

Anualidade 2014

Total puntos

2013/000057

Concello de Padrón

6.641,89 €

3.320,95 €

3.320,95 €

63,20

2013/000046

Concello de Bergondo

1.110,02 €

555,01 €

555,01 €

61,20

Entidades sen fin de lucro

Organización de fondos documentais

Expediente

Solicitante

Contía da axuda

Anualidade 2013

Anualidade 2014

Total puntos

2013/000016

Confraría pescadores de Burela

20.000,00 €

10.000,00 €

10.000,00 €

57,47

2013/000003

Fundación Luis Tilve

19.408,42 €

9.704,21 €

9.704,21 €

57,00

2013/000012

Bispado de Tui

19.960,00 €

9.980,00 €

9.980,00 €

35,05

2013/000004

Cabido Catedral de Santiago de Compostela

1.781,79 €

1.781,79 €

15,25

Equipamento

Expediente

Solicitante

Contía da axuda

Anualidade 2013

Anualidade 2014

Total puntos

2013/000014

Real Academia Galega

1.284,00 €

1.284,00 €

24,2

2013/000023

Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas

2.250,00 €

2.250,00 €

16

Suplentes

Concellos

Organización de fondos documentais

Expediente

Solicitante

Total puntos

2013/000026

Concello de Porto do Son

34,73

Expediente

Solicitante

Total puntos

2013/000017

Concello de Dodro

32,75

2013/000010

Concello do Barco de Valdeorras

31,54

2013/000063

Concello da Coruña

24,85

2013/000033

Concello de Ribadeo

22,28

2013/000030

Concello de Rois

21,37

2013/000001

Concello de Castroverde

21,00

2013/000008

Concello de Coles

18,88

2013/000054

Concello de Sobrado

16,77

2013/000005

Concello de Mesía

16,50

2013/000037

Concello da Gudiña

14,17

2013/000045

Concello de Aranga

12,00

Mellora dos locais de arquivo

Expediente

Solicitante

Total puntos

013/000006

Concello de Ortigueira

25,00

2013/000060

Concello de Irixoa

20,00

2013/000049

Concello da Merca

13,00

Equipamento

Expediente

Solicitante

Total puntos

2013/000011

Concello de Culleredo

63,04

2013/000062

Concello de Lousame

63,00

2013/000048

Concello de Castrelo de Miño

63,00

2013/000036

Deputación Provincial de Ourense

62,93

2013/000022

Concello de Meaño

62,00

2013/000064

Concello de Tui

61,75

2013/000002

Concello de Triacastela

61,00

2013/000047

Concello de Guntín

61,00

2013/000029

Concello de Negreira

61,00

2013/000051

Concello da Estrada

61,00

2013/000055

Concello de San Sadurniño

61,00

2013/000050

Concello da Veiga

61,00

2013/000040

Concello de Campo Lameiro

60,00

2013/000059

Concello da Laracha

59,00

2013/000028

Concello de Narón

58,53

2013/000065

Concello de Melón

58,00

Expediente

Solicitante

Total puntos

2013/000034

Concello de Ribas de Sil

51,94

2013/000031

Concello de Santiso

51,00

2013/000058

Concello de Oleiros

51,00

2013/000056

Concello das Pontes de García Rodríguez

51,00

2013/000061

Concello de Lalín

51,00

2013/000038

Concello de San Cristovo de Cea

49,50

2013/000035

Concello de Celanova

49,50

2013/000018

Concello de Ribeira

41,65

2013/000025

Concello de Redondela

34,46

2013/000039

Concello de Xinzo de Limia

34,00

Dixitalización

Expediente

Solicitante

Total puntos

2013/000007

Concello de Oroso

58,20

2013/000020

Concello de Teo

57,20

2013/000032

Concello de Lugo

56,20

2013/000053

Concello de Valga

44,20

2013/000021

Concello de Covelo

39,20

2013/000052

Concello de Salceda de Caselas

22,20

Entidades sen fin de lucro

Organización de fondos documentais

Expediente

Solicitante

Total puntos

2013/000013

Fundación 10 de marzo

9,16

Excluídos

Expediente

Solicitante

Causa exclusión

2013/000027

Concello de Mañón

1

2013/000044

Concello de Catoira

2

2013/000041

Asociación Cultural Casa Museo A Mangallona (A Fonsagrada)

2

2013/000009

Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación (A Coruña)

2

2013/000024

Fundación Vicente Risco

2

2013/000042

Asociación Cultural Belas Artes (Cangas)

2

2013/000043

Asociación O Son do Pobo (Cangas)

2

Causas de exclusión:

(1) Por non emendar en prazo a documentación solicitada, de acordo co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

(2) Non cumprir os obxectivos e requisitos técnicos estipulados na orde da convocatoria.