Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 175

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 189/2013, do 27 de decembro, polo que se concede o título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago a título persoal a S.A.R. o Príncipe de Asturias.

O artigo 3 do Decreto 163/2013, do 24 de outubro, polo que se regula a concesión do título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago, establece as categorías do título, unha a título persoal e outra de carácter institucional, cun máximo de oito títulos en cada categoría, e o artigo 4 do citado decreto sinala que o título concederase con carácter vitalicio por decreto do Consello da Xunta de Galicia.

Tendo en conta o previsto nos artigos antes indicados, o Goberno galego ten a vontade de outorgarlle a distinción á persoa que se indica a seguir.

Polo tanto, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo do acordo do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e sete de decembro de dous mil trece,

DISPOÑO:

Concederlle o título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago a título persoal e con carácter vitalicio a S.A.R. o Príncipe de Asturias.

Santiago de Compostela, vinte e sete de decembro de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza