Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 10 de decembro de 2013, da Área Provincial de Lugo, pola que se lle dá audiencia ao interesado no procedemento de baixa de clasificación turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidad Autónoma galega.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4 e 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle e outórgaselle audiencia ao titular do establecemento que no anexo se menciona, no procedemento de baixa da clasificación turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Mediante a visita da inspección comprobouse que no establecemento que se relaciona no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a que foi clasificado no seu día.

Considerando que nos expedientes non consta ninguna comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo.

O que se lle notifica ao titular do establecemento referido no dito anexo, para que no prazo de 15 días poida efectuar as alegacións que estime pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia de Lugo.

Lugo, 10 de decembro de 2013

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Lugo

ANEXO

Establecemento: Fonte Sacra.

Signatura: H.LU-849.

Titular: Fonte Sacra, S.L.

Enderezo: As Rodas-Comarcal 630, s/n

Concello: A Fonsagrada.