Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2014 Páx. 2386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo suxeito a regulación harmonizada da campaña de promoción de Turismo de Galicia durante 2014 (2 lotes).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 9 de outubro de 2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contrato de servizo suxeito a regulación harmonizada da campaña de promoción de Turismo de Galicia durante 2014 (2 lotes).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios e suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Lote 1: 743.801,65 euros, IVE excluído.

Lote 2: 2.975.206,61 euros IVE excluído.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación:

Lote 1: 10 de decembro de 2013.

Lote 2: 11 de decembro de 2013.

b) Data de formalización do contrato:

Lote 1: 30 de decembro de 2013.

Lote 2: 31 de decembro de 2013.

c) Adxudicatario:

Lote 1: Grupo Bap & Conde, S.A.

d) Importe de adxudicación do lote 1 : 676.850,00 euros, IVE excluído.

Lote 2: Avante Marketing y Medios, S.L.

d) Importe de adxudicación do lote 2: 2.975.206,61 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia