En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Data de publicación no perfil do contratante: 27 de decembro de 2013.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: privado.
b) Descrición: contrato de elaboración do catálogo da exposición On the road/No Camiño.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: negociado sen publicidade por exclusividade.
4. Orzamento base de licitación: 21.966,94 euros, IVE excluído.
5. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 20 de decembro de 2013.
b) Data de formalización do contrato: 20 de decembro de 2013.
c) Adxudicataria: Gloria Moure Cao.
d) Importe de adxudicación: 21.966,94 euros, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: por razóns artísticas o contrato só pode encomendarse a un empresario determinado.
Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2014
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia