Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2014 Páx. 2382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 30 de decembro de 2013 pola que se dá traslado da orde de suspensión das obras (expediente PON/165/2013-S1), devolto polo servizo de Correos por resultar o interesado ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou o 9 de decembro de 2013 orde de suspensión das obras de construción dunha edificación con tipoloxía de nave industrial no lugar da Guía, Atios, no termo municipal do Porriño, provincia de Pontevedra; a retirada dos materiais preparados para seren utilizados na obra suspendida e a maquinaria afecta a ela; e a suspensión das correspondentes subministracións de auga, electricidade, gas e telecomunicacións das obras que se ordenan paralizar.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da orde de suspensión a Ángel Pérez Lorenzo, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita orde.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da orde de suspensión que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita orde de suspensión da actividade, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación desta cédula, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística