Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2014 Páx. 2642

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 30 de decembro de 2013 polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Muport, S.L. de concesión administrativa de ocupación dos terreos de dominio público portuario do porto da Pobra do Caramiñal para a explotación de instalacións náutico-recreativas (expediente 12-50-12-C-2).

O 26 de decembro de 2013 o presidente de Portos de Galicia adxudicoulle á empresa Muport, S.L. o procedemento aberto (sistema multicriterio) para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do porto da Pobra do Caramiñal para a explotación de instalacións náutico-recreativas; segundo documentación técnica relativa ás referencias técnicas da explotación e ao proxecto básico de obras e instalacións, redactado en abril de 2013 polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Fernando López Mera (sobre 2).

En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas, nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza de Europa 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web portosdegalicia.com

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia