Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2014 Páx. 2643

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Miño

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do expediente expropiatorio polo sistema de taxación conxunta para a adquisición dos bens e dereitos necesarios para a apertura de vía na Pedreira-Bemantes.

A Xunta de Goberno Local, o 20 de decembro de 2013, adoptou o acordo que se transcribe a seguir:

Primeiro. Aprobar inicialmente o expediente expropiatorio polo sistema de taxación conxunta para a adquisición dos bens e dereitos necesarios para a apertura de vía na Pedreira-Bemantes (Miño).

Segundo. Someter o expediente a información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no taboleiro de edictos do concello, Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia, para que quen poida resultar interesado formule as observacións e reclamacións que xulgue convenientes, de conformidade co disposto no artigo 143.2º e 3º da Lei 9/2002.

Terceiro. Notificarlles individualmente as taxacións aos que aparezan como titulares de bens ou dereitos no expediente, mediante o traslado literal da folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración para que poidan formular alegacións no prazo dun mes a partir da data da notificación.

De conformidade co disposto no artigo 143.2º e 3º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o citado expediente sométese a información pública polo prazo dun mes para que aqueles que resulten interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren pertinentes.

Para estes efectos, indícase que o expediente pode consultarse durante o prazo dun mes nas dependencias municipais sitas na rúa da Carreira, nº 38, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Esta publicación servirá de notificación para os interesados que resulten descoñecidos ou respecto dos cales se ignore o lugar para a práctica da notificación, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei 30/1992.

Miño, 30 de decembro de 2013

Jesús Veiga Sabín
Alcalde